Os concelleiros de Cultura, Xosé Castro Ratón, e Xuventude e Terceira Idade, Ana Lorenzo, presentaron onte o programa municipal para o Entroido 2009 que, segundo palabras dos propios edís, “terá un gasto acorde aos tempos de crise que estamos a vivir, pero contará cunha maior variedade de actuacións que en anos anteriores”. O segredo radica en realizar un investimento parecido a doutras edicións pero apoiarse “nas asociacións locais, que este ano se ofreceron a colaborar con nós, algo imprescindible para acometer un cartel como este”, asegurou Ana Lorenzo. Entre os pratos fortes desta edición están os habituais bailes de disfraces, o festival de comparsas, o desfile de carrozas e os enterros da sardiña e o arenke.
Fuente: DiariodeArousa
Comentatio:
La vedad que la noticia me agrada y me parece muy bien lo de recortar gastos, pero lo que no me explico es como esto no lo hicieron antes, ya que de esta forma ganarian dinero para realizar otras cosas (reformas, carreteras, etc.)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario